Métopa
parte do friso dórico comprendida entre dous tríglifos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha métopa (do grego, μετόπη, abertura)[1] é un elemento de composición da arquitectura grega clásica. Consiste nun panel cadrado ou rectangular de pedra, mármore ou cerámica. Forma parte do friso dórico, formado por unha sucesión alternante de métopas e tríglifos (estes con acanaladuras verticais). As métopas estaban lixeiramente rebaixadas respecto dos tríglifos.