cidade estremeña da provincia de Badaxoz From Wikipedia, the free encyclopedia
Mérida (en estremeño: Méria) é unha cidade e concello do suroeste de España, situada na provincia de Badaxoz. É a capital da comunidade autónoma de Estremadura e sede das súas institucións de goberno. Cunha poboación de 57.797 habitantes (2011) é a terceira cidade máis poboada da rexión por detrás das capitais provinciais, Badaxoz e Cáceres.
Mérida (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
Provincia | Provincia de Badaxoz | ||||
Capital de | |||||
Capital | Cidade de Mérida | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 59.461 (2023) (68,69 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 865,6 km² | ||||
Bañado por | Albarregas (en) e Río Guadiana | ||||
Altitude | 217 m | ||||
Comparte fronteira con | Cáceres La Garrovilla (pt) Esparragalejo (pt) Arroyo de San Serván (pt) Torremayor (pt) Lobón (pt) Montijo (pt) Solana de los Barros (pt) Calamonte (pt) Puebla de Obando (pt) Alcuéscar (pt) La Roca de la Sierra (pt) Montánchez (pt) Cordobilla de Lácara (pt) Carmonita (pt) Arroyomolinos Aceuchal (pt) Villagonzalo (pt) Alange (pt) Santa Amalia Guareña Aljucén (pt) Badaxoz Almendralexo Torremejía (pt) San Pedro de Mérida (pt) Trujillanos (pt) La Zarza Valverde de Mérida Don Álvaro (pt) Mirandilla (pt) El Carrascalejo (pt) La Nava de Santiago (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 1834 | ||||
Evento clave
| |||||
Santo padrón | Baia de Mérida | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Antonio Rodríguez Osuna (en) (2015–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 06800 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 06083 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | merida.es | ||||
Foi unha importante colonia romana, fundada no ano 25 aC polo emperador Augusto baixo o nome de Augusta Emerita, que exerceu de capital da provincia de Lusitania. Foi tamén capital do Reino Visigodo de España no século VI. En recoñecemento ao seu esplendor pasado, é a capital de Estremadura dende 1983. O seu importante conxunto arqueolóxico e monumental foi declarado pola UNESCO, en 1993, Patrimonio da Humanidade.
O topónimo de Mérida deriva do latín Emerita, que significa "xubilada" ou "veterana". É parte do nome que recibiu a cidade tras a súa fundación polo emperador Augusto no 25 aC, Augusta Emerita, colonia na que se instalaron soldados veteranos ou eméritos.
Posteriormente, na época na que a cidade estivo baixo dominio musulmán, o nome da cidade en árabe foi ماردة, Mārida.
Mérida sitúase xeograficamente case no centro da rexión, e está atravesada polos ríos Guadiana e o Albarregas, a 217 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Limita cos concellos de Esparragalejo, Aljucén, El Carrascalejo e Mirandilla ao norte, Trujillanos e San Pedro de Mérida ao leste, Villagonzalo, Don Álvaro, Torremejía e Calamonte ao sur, e La Garrovilla ao oeste.
Mérida ten un clima mediterráneo, semi-continental con influencia atlántica, debido á proximidade da costa portuguesa. Os invernos son suaves, con mínimas que de cando en cando baixan dos 0 °C, e os veráns son calorosos, con máximas que en ocasións exceden os 40 °C. En canto ás precipitacións, o habitual é que se recollan anualmente entre 450 e 500 mm. Os meses que rexistran máis precipitacións son os últimos do ano: novembro e decembro. Os veráns son secos, con todo, hai que sinalar que en Mérida, do mesmo xeito que no resto do sur de España, son habituais os ciclos de seca, que oscilan na súa duración entre os 2 e os 5 anos. No outono o clima é máis inestable que no resto do ano, producíndose con certa frecuencia tormentas, a miúdo secas. Tanto a humidade como os ventos son reducidos. Con todo, é frecuente a aparición de néboas, sobre todo nos meses centrais de outono e inverno.
Foi fundada no ano 25 a.C., co nome de Emerita Augusta, con veteranos (o latín emeritus significa "licenciado") das guerras cántabras, que formaban parte das lexións V Alaudae e X Gemina, por orde do emperador Augusto, e co obxectivo de formar unha retagarda pronta a intervir nun posíbel levantamento nas zonas mineiras do peninsular e de protexer o paso sobre o Guadiana. A cidade converteuse ademais na capital da provincia da Lusitania, chegando a ser unha das cidades máis importantes do Imperio Romano. Mérida, cuxo nome é unha derivación de Emerita, conserva aínda un importante legado monumental da época romana, polo que foi proclamada Patrimonio da Humanidade.
O cristianismo prendeu con forza en Mérida, sobresaíndo durante o século VI a figura do bispo Mausona. Desa fe popular foi mostra a mártir Santa Eulalia, padroeira da cidade.
No ano 713, o xeneral árabe Muza-ib-Nusair conquistou a cidade, e as súas tropas arrasárona.
Mérida foi sede Metropolitana até 1119, ano en que tal dignidade foi transferida para Santiago de Compostela. No primeiro terzo do século XIII , en 1230, as tropas cristiás de Afonso IX conquistaron Mérida, converténdoa en sede do Priorato de San Marcos de León da Orde de Santiago.
A invasión napoleónica, a comezos do século XIX, supuxo para Mérida, igual que para o resto de Estremadura, unha lamentábel perda de parte do seu patrimonio histórico artístico. Posteriormente , a posición como nó ferroviario, converteu a cidade nun núcleo industrial e de servizos en alza. Ese desenvolvemento viuse definitivamente impulsado coa designación de Mérida, en 1983, como capital da Comunidade Autónoma de Estremadura.
En 1994 constituíuse o arcebispado Mérida-Badaxoz, recuperándose, así, a antiquísima sede metropolitana emeritense, retornándolle a dignidade catedralicia ao templo de Santa María la Mayor, herdeiro da igrexa arcebispal de Emerita. As orixes deste Arcebispado remontan á época romana, na que tivo doce bispados sufragáneos (Edicto de Milán).
Cada período histórico deixou impresa a súa pegada en edificios e monumentos, que hoxe en día supoñen a súa grande riqueza arqueolóxica para gozo das actuais e vindeiras xeracións que a visiten.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mérida, España |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.