Luminol
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O luminol (C8H7N3O2) é un produto químico que presenta quimioluminescencia, orixinando un rechamante resplandor azul, cando se mestura cun axente oxidante apropiado. O luminol é un sólido cristalino de cor branca ou amarela clara que é soluble na maioría dos solventes polares pero insoluble en auga.
- Non confundir con Luminal (ver fenobarbital).
Luminol[1] | |
---|---|
5-Amino-2,3-dihidro- | |
Outros nomes o-Aminoftaloíl hidrazida | |
Identificadores | |
Número CAS | 521-31-3 |
PubChem | 10638 |
ChemSpider | 10192 |
Número CE | 208-309-4 |
ChEMBL | CHEMBL442329 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C8H7N3O2 |
Masa molecular | 177,16 g/mol |
Punto de fusión | 319 °C; 606 °F; 592 K |
Perigosidade | |
MSDS | MSDS para o luminol |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O luminol utilízase en investigacións forenses da policía científica para detectar cantidades traza de sangue deixadas en escenarios de crimes, xa que reacciona co ferro que se encontra na hemoglobina do sangue. Utilízano tamén os biólogos para facer probas celulares para a detección de cobre, ferro, e cianuros, e tamén de proteínas específicas na técnica do western blot.
O luminol pode aplicarse con spray uniformemente sobre a área examinada, e a presenza de cantidades traza dun oxidante activante causan que o luminol emita un resplandor azul que pode verse nunha habitación escura. O resplandor dura uns 30 segundos, pero o efecto pode documentarse con fotografías de longa exposición. É importante que se aplique o spray o máis uniformemente posible para evitar unha impresión nesgada, como pode ser que pareza que as trazas de sangue están máis concentradas nunhas áreas porque se aplicou alí máis luminol, e non porque realmente o estean. A intensidade do resplandor non indica a cantidade orixinalmente presente, senón que indica só a distribución de cantidades traza da substancia que quedaron na área investigada.