profesora e investigadora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Luisa Revuelta Revuelta, nada en Santiago de Compostela o 26 de xaneiro de 1905 e finada en Córdoba (Andalucía) en 1983, foi unha profesora e pedagoga galega.
Luisa Revuelta en 1918 no papel de Doña Jimena na representación da obra Quince días de reinado de Francisco Navarro Villoslada. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1983 (77/78 anos) Córdoba, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Campo de traballo | Language and literature (en) |
Ocupación | catedrática de bacharelato (1935–) |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Filla de Adolfo Revuelta Fernández[1] e Gregoria Revuelta Lázaro.[2] Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela,[3] e nesa época estivo na directiva da Asociación de Estudiantes Católicos de Derecho.[4] Licenciouse en 1929 na Universidade Central de Madrid pola sección de Historia.
Presentouse ás oposicións á cátedra de instituto de Lingua e literatura española, obtivo praza en Logroño en 1933[5] e accedeu ao corpo de catedráticos en 1935, destinada a Teruel.[6] En 1940 trasladouse a Córdoba, e en 1942, logo dun proceso de depuración, obtivo a cátedra. Exerceu como docente ata a xubilación en 1975.
Na docencia adoitaba realizar co seu alumnado representacións teatrais, actividade que xa practicara na infancia na Juventud Antoniana.[7] Levou a cabo representacións de pezas como o auto sacramental La siega no teatro Marín de Teruel (1935) ou a adaptación da comedia La hermosa fea no Instituto de Córdoba (1944), pezas as dúas de Lope de Vega. En 1943 representou o paso El convidado de Lope de Rueda, e en 1946 o poema dramático Gran Reina de Blanco Belmonte. O 23 de abril de 1947, co gallo do IV Centenario do nacemento de Miguel de Cervantes, representou Don Quijote en casa de los Duques, La gitanilla e La elección de los alcaldes de Daganzo.[8]
En 1945 nomeárona académica correspondente da Real Academia de Ciencias, Bellas Letras y Nobles Artes de Córdoba, e en 1946 pasou a ser académica de número.
Leva o seu nome o segundo centro de formación do profesorado de Córdoba, inaugurado en 1996.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.