compositor e violoncellista italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Luigi Boccherini, nado en Lucca o 19 de febreiro de 1743 e finado en Madrid o 28 de maio de 1805, foi un compositor e violoncellista italiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de febreiro de 1743 Lucca |
Morte | 28 de maio de 1805 (62 anos) Madrid, España |
Causa da morte | tuberculose |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República de Lucca (pt) |
Actividade | |
Ocupación | violoncellista , compositor |
Período de actividade | 1756 - |
Xénero artístico | Música clásica |
Profesores | Giovanni Battista Costanzi (en) |
Lingua | Lingua italiana e lingua castelá |
Instrumento | Violoncello |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en | |
Familia | |
Irmáns | Giovanni Gastone Boccherini (en) |
|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Naceu no seo dunha familia de artistas. O seu pai foi violoncellista e a súa irmá bailarina de ballet. O seu irmán foi escritor e poeta de certo prestixio, que chegou a escribir libretos para Antonio Salieri e Joseph Haydn. Boccherini seguiu os pasos do seu pai e interesouse polo violoncello, dando o seu primeiro recital á temperá idade de trece anos. En 1757, logo de terminar os seus estudos en San Pedro en Roma, acompañou ao seu pai para obter unha praza na corte imperial de Viena, e non volveu a Lucca ata 1764.
Boccherini viviu posteriormente case un ano en París, e trasladouse seguidamente a Madrid, onde gozou do mecenado de Don Luís, irmán do rei. Cara a 1770 empezou a compoñer o primeiro dos seus quintetos para corda, unha forma coa que foi amplamente relacionado. Trala morte de Don Luís en 1785, foi nomeado compositor da corte de Frederico Guillerme II de Prusia. O monarca, que tocaba ben o violoncello, tivo en moi alta estima a Boccherini. Recibiu numerosos encargos e os anos en Prusia foron uns dos máis frutíferos na súa vida. Co permiso de Guillermo, Boccherini desprazábase de cando en cando a Madrid, onde mantiña o cargo de compositor do marqués de Benavente.
Estes dous mecenados foron decaendo nos últimos anos da súa vida, de forma que a situación de Boccherini foi empeorando paulatinamente, ata que morreu aos 62 anos de idade sendo pobre.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luigi Boccherini |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.