Lucio Serxio Catilina
senador da antiga Roma / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucio Serxio Catilina (en latín Lucius Sergius Catilina), nado no ano 108 a. C. e finado no ano 62 a. C., máis coñecido como Catilina, foi un destacado político romano da era tardorrepublicana, pertencente á facción dos populares. Catilina pasou á historia por ser o protagonista da chamada conxuración de Catilina, unha conspiración que, segundo as acusacións formuladas por Marco Tulio Cicerón, consistiría en destruír a república romana. Tal acusación, nos termos que foi planteada, é segundo diversos autores esaxerada e baleira de significado.[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Nome orixinal | (la) L.Sergius L.f. Catilina |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 108 a. C. Roma Antiga |
Morte | 62 a. C. (45/46 anos) Pistoia (Roma Antiga) |
Causa da morte | morto en combate |
Senador romano | |
valor descoñecido – 62 a. C. | |
Pretor | |
68 a. C. – 68 a. C. | |
Propraetor (en) África Proconsular (provincia romana) | |
67 a. C. – 66 a. C. | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | político da Roma antiga |
Período de tempo | República Romana Tardía |
Lingua | Lingua latina |
Familia | |
Cónxuxe | Gratidia Aurelia Orestilla |
Nai | Belliena (en) |
Irmáns | Sergia (en) |
Catilina é unha das figuras máis enigmáticas da historia de Roma, envilecida e desdebuxada polos cronistas e historiadores clásicos. As dúas fontes principais de información sobre Catilina son precisamente as máis hostís ao personaxe. Marco Tulio Cicerón, o seu maior inimigo político, non aforrou ningunha denuncia contra el, especialmente nos seus discursos chamados Catilinarias, mentres Caio Salustio Crispo atribuíulle algúns dos máis viles crimes na súa monografía moralista Bellum Catilinae. Aínda así, moitas das peores acusacións contra el, como a de que facía sacrificios humanos, eran con moita probabilidade meras invencións. A pesar diso, a «Conxuración de Catilina» segue sendo un dos máis famosos e turbulentos feitos das últimas décadas da república romana.