![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e0/8091_-_Roma_-_Ara_Pacis_-_Lucio_Cesare_-_Foto_Giovanni_Dall%2527Orto_-_28-Mar-2008.jpg/640px-8091_-_Roma_-_Ara_Pacis_-_Lucio_Cesare_-_Foto_Giovanni_Dall%2527Orto_-_28-Mar-2008.jpg&w=640&q=50)
Lucio César
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucio César (en latín, Lucius Caesar), nado o 29 de xaneiro do 17 a. C.[1] e finado o 20 de agosto do 2 d. C., foi un aristócrata romano da familia Xulio-Claudia. Era o segundo fillo de Marco Vipsanio Agripa e Xulia a Maior,[2][3][4] única filla de Augusto e, polo tanto, neto deste, o primeiro emperador romano.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (la) Lucius Caesar ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (la) Lucius Vipsanius Agrippa ![]() 29 de xaneiro de 17 a. C. ![]() Roma Antiga ![]() |
Morte | 20 de agosto de 2 ![]() Marsella ![]() |
Lugar de sepultura | Mausoleo de Augusto ![]() |
Senador romano | |
Legado (Roma antiga) | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , militar ![]() |
Período de tempo | Alto Imperio Romano ![]() |
Lingua | Lingua latina ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Dinastía Xulio-Claudia, Vipsanii Agrippae (en) ![]() ![]() ![]() |
Parella | Aemilia Lepida (en) ![]() ![]() |
Pais | Marco Vipsanio Agripa e Octavio Augusto ![]() ![]() |
Irmáns | Vipsânia Marcela (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Augusto, adoptou a Lucio e ao seu irmán máis vello, Caio César, como fillos adoptivos e coherdeiros do Imperio Romano,[2][3][4][5] polo que tiveron prometedoras carreiras políticas e militares. Porén, Lucio morreu dunha enfermidade repentina o 2 d.C., en Masalia, Galia, mentres viaxaba cara Hispania ao encontro do exército romano. O seu irmán Caio, tamén morreu a unha idade relativamente nova o 21 de febreiro do ano 4 d. C.
A perda prematura de ambos herdeiros obrigou a Augusto a modifica-la liña sucesoria adoptando o irmán máis novo de Lucio, Agripa Póstumo, así como o seu fillastro, Tiberio, o 26 de xuño do 4.