Lucas Vázquez
futbolista español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucas Vázquez Iglesias, nado en Curtis o 1 de xullo de 1991, é un futbolista galego. Xoga de extremo dereito e en ocasións de lateral dereito, e o seu equipo é o Real Madrid. É o futbolista galego máis laureado de todos os tempos a nivel colectivo cun total de 22 títulos, todos co Real Madrid, entre eles catro ligas, cinco Ligas de Campións e catro Mundiais de Clubs.
Lucas Vázquez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Lucas Vázquez Iglesias | ||
Nacemento | 1 de xullo de 1991 | ||
Lugar de nacemento | Curtis | ||
Altura | 1,73 m | ||
Peso | 70 kg | ||
Posición | Centrocampista, defensa | ||
Información de club | |||
Club actual | Real Madrid | ||
Número | 17 | ||
Carreira xuvenil | |||
2000–2004 | CCD Curtis | ||
2004–2007 | Ural CF | ||
2007–2010 | Real Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2010–2011 | Real Madrid C | 14 | (2) |
2011–2014 | Real Madrid Castilla | 89 | (15) |
2014–2015 | → Espanyol (cedido) | 33 | (3) |
2015– | Real Madrid | 245 | (25) |
Selección nacional | |||
2016–2018 | España | 9 | (0) |
Na rede | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 1 de xuño de 2024. Selección: actualizado a 26 de maio de 2021.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Tras comezar a súa formación futbolística no CCD Curtis e no Ural CF, ingresou na canteira do Real Madrid en 2007. Pasou polos distintos equipos xuvenís do club branco e polos seus dous filiais, logrando o ascenso a Segunda división co Real Madrid Castilla en 2012. Xogou unha tempada cedido no Espanyol e na tempada 2015/16 debutou co primeiro equipo do Real Madrid, co que disputou máis de 300 partidos oficiais nas seguintes nove tempadas.
Viviu os anos máis gloriosos da historia do club branco, co que conquistou 22 títulos, e converteuse nun dos únicos 20 futbolistas que gañaron en cinco ocasións a Liga de Campións, sendo o único galego en gañala máis de dúas veces. É ademais o segundo xogador galego con máis partidos disputados en dita competición (67), por diante dos 52 de Amancio e superado só por Míchel Salgado (81).
Foi internacional en nove ocasións coa selección española, coa que disputou a Eurocopa de 2016 e o Mundial de 2018.