especie de arboriña From Wikipedia, the free encyclopedia
O loureiro dos Azores (Laurus azorica), tamén coñecido nos Azores coma louro é unha especie de planta do xénero Laurus, na familia Lauraceae. Até recentemente, todas as poboacións de loureiros macaronésicas eran incluídas nesta especie. Actualmente é recoñecida como endémica dos Azores, pertencendo as poboacións de Madeira e as Illas Canarias a outra especie - Laurus novocanariensis - tamén endémica da Macaronesia. Os loureiros bravos galegos, tradicionalmente clasificados como Laurus nobilis, crese actualmente que son máis achegados a esta especie ca á mediterránea.
Loureiro dos Azores | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Risco baixo | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Laurus azorica' (Seub.) Franco |
Árbore dioica moi ramificada que acada os 10–18 m de altura, con tronco e pólas de verde a gris; a copa está densamente poboada de follas pecioladas en disposición alterna, lanceoladas, coriáceas, de cor verde intenso e brillante, máis pola face ca polo envés. O froito é unha baga ovoide-globosa cunha soa semente, verde a negra ao madurecer.
Especie característica e nativa dos bosques de laurisilva dos Azores. Está considerada en perigo de extinción pola perdida de hábitat.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.