política galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Lourdes Ucha Varela, nada en Simes (Meaño)[1] en 1969, é unha política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (54/55 anos) Simes, España |
Alcaldesa de Meaño | |
29 de novembro de 2012 – 2019 ← Jorge Domínguez Rosal – Carlos Viéitez Fernández → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Meaño |
Ocupación | política |
Lingua | Lingua galega |
Diplomouse en Maxisterio, aínda que non chegou a exercer, comezando a súa carreira política con 26 anos, ao ser elixida como edil na corporación municipal de Meaño en 1995, dentro da candidatura de Independientes de Meaño do alcalde Jorge Domínguez Rosal. A partir de 1999 pasou a formar parte da comisión de goberno. Trala integración de Domínguez no PPdeG en decembro do 2001 pasou a formar parte desta formación. A partir de 2003 pasou a ocupa-lo cargo de tenente de alcalde, sendo ademais responsable das áreas social e educativa do goberno municipal.
Tras o falecemento en novembro de 2012 de Jorge Domínguez, perfilouse como a nova alcaldesa de Meaño,[2] sendo elixida o 29 de novembro.[3] En 2015 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta, se ben pasou de 10 a 7 concelleiros. En decembro de 2018, tras diversos problemas internos no seo do partido, anunciou que non concorrería á reelección nos comicios de 2019. Desta forma foi substituída á fronte da formación, e posteriormente da alcaldía, por Carlos Viéitez Fernández.
Predecesor: Jorge Domínguez Rosal |
Alcaldesa de Meaño 2012 - 2019 |
Sucesor: Carlos Viéitez Fernández |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.