filme de 2001 dirixido por Alejandro Amenábar From Wikipedia, the free encyclopedia
The Others é un filme español do ano 2001 dirixido por Alejandro Amenábar. Inspirado na obra The Turn of the Screw de Henry James dentro do xénero do suspense, está protagonizado pola australiana Nicole Kidman. É unha coprodución hispano-franco-estadounidense.
The Others | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Others |
Director | Alejandro Amenábar |
Produtor | Fernando Bovaira José Luis Cuerda StudioCanal |
Guión | Alejandro Amenábar |
Intérpretes | Nicole Kidman Fionnula Flanagan Christopher Eccleston Elaine Cassidy Eric Sykes Alakina Mann James Bentley |
Música | Alejandro Amenábar |
Fotografía | Javier Aguirresarobe |
Montaxe | Nacho Ruiz Capillas |
Distribuidora | Dimension Films (USA) Warner Bros. (España) |
Estrea | 2001 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | España Francia Italia Estados Unidos |
Xénero | Terror e suspense |
Orzamento | $17.000.000 |
Recadación | $218.947.037 |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/the-others | |
Gravouse en localizacións de Cantabria e Madrid, aínda que a historia está ambientada na illa de Xersei. No seu momento, foi a película española máis exitosa da historia, con máis de 68.000.000 $ recadados só en Estados Unidos.
Gañou oito Premios Goya incluíndo premios á mellor película e ó mellor director. Nicole Kidman foi candidata ó Globo de Ouro e ó BAFTA á mellor actriz, entre outros.
Ó final da segunda guerra mundial Grace (Nicole Kidman) retírase cos seus dous fillos a unha gran mansión en Jersey, onde espera que regrese o seu marido da fronte. Os seus fillos padecen de fotofobia, unha enfermidade que lles impide estar expostos á luz do sol, polo que tódalas fiestras da casa deben permanecer pechadas. Grace contrata tres serventes, que se comportan dun xeito cada vez máis estraño, ata que Grace fai un descubrimento totalmente inesperado.
Os outros obtivo 15 candidaturas na XVI edición dos Premios Goya, dos que gañou 8. Estas foron as súas candidaturas (en letra grosa os premios gañados):
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.