![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b2/Comparison_gender_life_expectancy_CIA_factbook.svg/langgl-640px-Comparison_gender_life_expectancy_CIA_factbook.svg.png&w=640&q=50)
Lonxevidade
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lonxevidade e a duración da vida son conceptos relacionados coa bioloxía e coa evolución das células e órganos de compoñen os corpos dos seres vivos, e transformacións co transcorrer da súa vida. No caso do ser humano a lonxevidade posúe importantes conexións con aspectos demográficos da sociedade, e aspectos sociolóxicos do individuo. En xeral ten que ver coa duración de vida dun ser humano ou dun organismo biolóxico e utilízase con máis frecuencia en referencia á terceira idade ou a idade dun ser vivo, por exemplo a lonxevidade dunha árbore.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b2/Comparison_gender_life_expectancy_CIA_factbook.svg/320px-Comparison_gender_life_expectancy_CIA_factbook.svg.png)
As reflexións sobre a lonxevidade adoitan ir ligadas ó recoñecemento da brevidade humana e inclúen discusións sobre métodos para estendela máis aló do límite tido como normal. O tema foi non só unha preocupación da ciencia, senón tamén da literatura de viaxes, ciencia ficción e novelas utópicas.
Existe bastante dificultade en atopar a maior duración da vida humana mesmo coas modernas técnicas estandarizadas de verificación, debido a datas de nacemento inexactas ou incompletas. Múltiples lendas nas diferentes culturas e contextos relixiosos pretenderon extraordinarias lonxevidades, tanto no pasado, como a de Metuxalén na Biblia, como no futuro.[3]