From Wikipedia, the free encyclopedia
Loganair Limited é unha aeroliña rexional escocesa fundada en 1962 co seu domicilio social no aeroporto de Glasgow en Paisley, Renfrewshire.[1] Loganair proporciona servizos para os voos de correo nocturno no nome de Royal Mail. Ademais da súa base principal no aeroporto de Glasgow, a compañía ten centros de conexións nos aeroportos de Edimburgo, Inverness, Dundee e Aberdeen. A aeroliña ten unha licenza de operador do Tipo A, que lle permite transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 ou máis asentos.[2]
Loganair | ||
---|---|---|
IATA LM | OACI LOG | Indicativo LOGAN |
Fundación | 1962 | |
Aeroporto principal | aeroporto de Glasgow | |
Plan de voo frecuente | Clan Loganair | |
Frota | 27 | |
Destinos | 27 | |
Holding | Airline Investments Limited | |
Eslogan da compañía | Scotland's Airline | |
Sede | Paisley, Renfrewshire | |
Páxina web: https://www.loganair.co.uk/ |
En abril de 2018 a frota de Loganair estaba formada polos seguintes avións:[3]
Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|
Britten-Norman Islander | 2 | — | 8 | |
de Havilland Canada DHC-6-310 Twin Otter | 3 | — | 19 | |
Dornier 328 | 3 | — | 31/32 | |
Embraer 145 | 1 | — | 49 | |
Saab 340B | 13 | — | 34 | |
Saab 2000 | 5 | — | 50 | |
Total | 27 | — |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.