Loaded
From Wikipedia, the free encyclopedia
Loaded é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock The Velvet Underground, publicado o 15 de novembro de 1970 a través do selo Cotillion Records, subsidiaria de Atlantic Records. Foi o derradeiro álbum do grupo co seu membro fundador e principal compositor Lou Reed, que marchou pouco despois do seu lanzamento.
Datos rápidos Loaded, Álbum de The Velvet Underground ...
Loaded | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Velvet Underground | ||||
Publicado | 15 de novembro de 1970 | |||
Gravación | abril - agosto 1970 | |||
Estudio(s) | Atlantic Recording Studios, Nova York | |||
Duración | 40:35 | |||
Xénero(s) | rock and roll, rock, pop, proto-punk | |||
Selo(s) | Cotillion Records | |||
Producido por | Geoff Haslam, Shel Kagan, The Velvet Underground | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Pechar
Loaded foi colocado no posto 110 da lista da revista Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos.[1]