O Club Esportiu Lleida Basquetbol foi un club de baloncesto español con sede na cidade de Lleida, Cataluña. Fundado en 1997, militou durante catro temporadas na Liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. Desapareceu en 2012 por problemas financeiros, tomando o seu relevo como principal equipo da cidade o Força Lleida CE.[1]
- Para o actual equipo da Liga LEB, véxase Força Lleida CE.
Traxectoria
O club foi fundado en 1997 co nome de Club Esportiu Lleida Basquetbol, aproveitando a estrutura do Club Deportivo Maristes de Lleida. Así, o equipo comezaría a súa traxectoria no mundo do baloncesto disputando a Liga EBA no Pavelló Onze de Setembre co nome de patrocinio de Oli Baró de Maials Lleida. Nas súa dúas primeiras temporadas na EBA, o club consegue acadar a permanencia. Na temporada 1999−00, o club compra unha praza para disputar a Liga LEB, segunda categoría do baloncesto español, co nome de Caprabo Lleida. Na súa primeira temporada nesta categoría acaba en cuarto lugar na liga regular, sendo eliminados nas semifinais polo ascenso polo Lucentum Alicante. Na temporada seguinte o club mellora os seus resultados e consegue proclamarse campión da LEB após vencer na final ao CB Granada. O Lleida conseguiría así ascender á Liga ACB.
Ante os problemas remodelación do Pavelló Onze de Setembre, que só dispuña de 1 000 cadeiras, insuficientes para os requisitos da ACB, o concello decide construír nun tempo récord de tres meses, o Pavillón Barris Nord con capacidade para 5 000 espectadores. Na súa primeira temporada na ACB, o club consegue acadar os playoffs polo título, sendo eliminados en cuartos de final polo FC Barcelona. Esta primeira temporada sería a mellor clasificación na historia do club. Na temporada 2002−03, o equipo fai efectiva a súa conversión en Sociedade Anónima Deportiva (SAD). O equipo xoga, ademais, a ULEB Cup, na que chega até cuartos de final da competición, sendo eliminados polo KK Krka Novo Mesto.
Na temporada 2003−04 o equipo participa por segunda vez na ULEB Cup, chegando de novo a cuartos de final, perdendo esta vez ante o Adecco Estudiantes. Na seguinte temporada o equipo empeora as clasificación obtidas nas campañas anteriores e descende á liga LEB. Na segunda categoría permanece catro anos até que en 2009 o club anuncia que a súa débeda acumulada non permite a saída do equipo na LEB, xogando no seguinte ano en Liga EBA, a cuarta categoría do baloncesto español. Na temporada 2010 o club troca a súa praza as prazas co Club Bàsquet Cornellà e volve xogar á liga LEB. Con todo, as dificultades económicas levan ao club á súa disolución. Varios empresarios locais achegaron 180 000 euros para comprar a praza do club na categoría para o novo Força Lleida CE, que recolleu a herdanza do Lleida Baloncesto competindo na Liga LEB Ouro.
Patrocinios
Alén de Lleida Basquetbol, o club tivo outro nomes ao longo da súa historia por motivos de patrocinio:
- Oli Baró de Maials Lleida (1997–1999)
- Caprabo Lleida (1999–2004)
- Plus Pujol Lleida (2004–2009)
- Avantmèdic Lleida (2009–2010)
Xogadores
Destacados
- Berni Álvarez
- Alfons Alzamora
- Alberto Angulo
- Salva Arco
- Manel Bosch
- Quino Colom
- Jaume Comas
- Roger Esteller
- Miquel Feliu
- Jordi Grimau
- Roger Grimau
- José Lasa
- Pablo Laso
- Arturo Llopis
- Román Montañez
- Albert Oliver
- Nacho Rodilla
- Johnny Rogers
- Carlos Ruf
- Berni Tamames
- Paco Vázquez
- Nacho Yáñez
- Nicolás Gianella
- Lucas Victoriano
- Rafael Hettsheimeir
- Derrick Alston
- A. J. Bramlett
- Michael Ruffin
- Dickey Simpkins
- Kevin Thompson
- Stéphane Dumas
- Sérgio Ramos
Adestradores
Os seguintes foron os adestradores do Lleida Basquetbol.
- Pere Romero (1997−1999)
- Eduard Torres (1999−2003)
- Miquel Domingo (2003)
- Aleksandar Petrović (2003−2004)
- Paco García (2004−2005)
- Andreu Casadevall (2005−2006)
- Josep Maria Torres (2006)
- Eduard Torres (2006−2009)
- Josep Maria Torres (2009−2010)
- Josep Maria Raventós (2010−2011)
- Ricard Casas (2011−2012)
Palmarés
- Campións (1): 2001
Lliga Catalana
- Campións (2): 2002, 2003
- Subcampións (1): 2004
Historial
Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1997–98 | 3 | EBA | 2º | 18–8 | ||||||
1998–99 | 3 | EBA | 12º | 12–18 | ||||||
1999–00 | 2 | LEB | 3º | 19–11 | Copa Príncipe | CF | ||||
2000–01 | 2 | LEB | 1º | 22–8 | Copa Príncipe | SF | ||||
2001–02 | 1 | ACB | 8º | 19–15 | ||||||
2002–03 | 1 | ACB | 11º | 16–18 | 2 Copa ULEB | CF | 8–6 | |||
2003–04 | 1 | ACB | 16º | 13–21 | 2 Copa ULEB | CF | 10–4 | |||
2004–05 | 1 | ACB | 17º | 9–25 | ||||||
2005–06 | 2 | LEB | 14º | 14–20 | ||||||
2006–07 | 2 | LEB | 10º | 17–17 | ||||||
2007–08 | 2 | LEB Ouro | 6º | 19–15 | ||||||
2008–09 | 2 | LEB Ouro | 10º | 18–16 | ||||||
2009–10 | 4 | EBA | 8º | 11–13 | ||||||
2010–11 | 2 | LEB Ouro | 12º | 13–21 | ||||||
2011–12 | 2 | LEB Ouro | 7º | 20–14 | ||||||
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.