From Wikipedia, the free encyclopedia
Llanfair Pwllgwyngyll[1] ou por motivos publicitarios Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch ( pronunciación (axuda · info) [ɬanˌvairpuɬˈɡwɨ̞nɡɨ̞ɬ]), é unha vila da illa de Anglesey, en Gales. Atópase no Estreito de Menai, e a ponte Britannia comunícao coa cidade de Bangor, na outra beira do estreito.
Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch (cy) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Reino Unido | |||
País | Gales | |||
Área principal | Isle of Anglesey (en) | |||
Comunidade | Llanfair Pwllgwyngyll | |||
Poboación | ||||
Poboación | 3.107 | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 38 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | LL61 | |||
Prefixo telefónico | 01248 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch.co.uk |
Esta localidade tamén é coñecida cos nomes alternativos de Llanfairpwll ou Llanfair PG, que o distinguen doutros lugares de Gales que tamén comezan por Llanfair.
O nome da localidade non pode ser considerado un topónimo auténtico en lingua galesa. Foi xerado artificialmente na década de 1860, para outorgar á estación local a honra de ter inscrito o maior nome do Reino Unido, constituíndo un dos golpes publicitarios mais antigos.
Gorsafawddacha'idraigodanheddogleddollônpenrhynareurdraethceredigion (68 letras), era o nome doutra estación de tren, nomeada para rivalizar co nome desta localidade.
O nome significa "Igrexa de Santa María no val da abeleira branca próximo a un remuíño rápido e da Igrexa de San Tisilio da gruta vermella".
A súa variante oficial de Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch consta como o topónimo máis longo do Reino Unido e o terceiro máis longo do mundo.
Nos sinais das estradas, a localidade encóntrase sinalada como Llanfairpwllgwyngyll. Nos mapas, encontra-se como Llanfair Pwllgwyngyll e os seus habitantes chámana Llanfairpwll ou soamente Llanfair.
Na localidade existe un club de fútbol de nome Clwb Pêl Droed Llanfairpwllgwyngyllgogerychwyrndrobwllllantysiliogogogoch Football Club.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.