Liñas de Balmer
From Wikipedia, the free encyclopedia
En física atómica as liñas de Balmer (tamén chamadas Serie de Balmer) designan un conxunto incluso dentro das seis series diferentes que describen as liñas do espectro de emisión do átomo de hidróxeno. A serie de Balmer calcúlase mediante a fórmula de Balmer, unha ecuación empírica descuberta por Johann Balmer no ano 1885.
O espectro visible da luz do hidróxeno mostra catro lonxitudes de onda, nos 410 nm, 434 nm, 486 nm e 656 nm, que corresponden as emisións de fotóns por electróns en estados excitados de transición do nivel cuántico n ≥ 3 a n = 2 sendo n o nivel cuántico descrito polo número cuántico principal.[1] Existen tamén liñas de Balmer no ultravioleta, con lonxitudes de onda por debaixo dos 400 nm.