Live from Camp X-Ray
From Wikipedia, the free encyclopedia
Live from Camp X-Ray é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de punk rock Rocket from the Crypt, editado o 22 de outubro do 2002 a través do selo Vagrant Records. Trátase do derradeiro álbum de estudio da banda, xa que se separarían en Halloween do 2005. Ao contrario do que suxire o seu título, non se trata dun álbum ao vivo.
Live from Camp X-Ray | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Rocket from the Crypt | ||||
Gravación | verán do 2002 | |||
Duración | 26:29 | |||
Xénero(s) | punk rock, rock and roll | |||
Selo(s) | Vagrant Records | |||
Producido por | John Reis | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Aínda que polo xeral o álbum tivo boas críticas, moitos consumidores foron confundidos polo título e asumiron que se trataba dun disco ao vivo. O título realmente fai referencia ao Camp X-Ray, as instalacións de detención temporal situadas na base estadounidense de Guantánamo. Algúns seareiros e críticos expresaron a súa desconformidade coa lonxitude do disco, afirmando que 26 minutos de reprodución non era suficiente para un álbum completo, e que agardaban un traballo máis creativo por parte da banda. Nesa época, porén, os membros do grupo estraban traballando intensamente noutros proxectos (sobre todo o vocalista e guitarrista John Reis, que estaba ao mesmo tempo tocando en Hot Snakes e Sultans e dirixindo o selo Swami Records), e non estaban tan involucrados creativamente en Rocket from the Crypt como no pasado.