From Wikipedia, the free encyclopedia
Litoral é un termo que designa a faixa de terra xunto á costa marítima que abarca varios quilómetros desde a zona intermareal até o interior, dependendo da lexislación de cada país.
O termo é tamén un adxectivo usado para referirse ao que se refire á beiramar (por exemplo, en Beira Litoral) e utilizado así mesmo moitas veces en contraposición á palabra interior.
O litoral pode ter diferentes paisaxes, e un mesmo país pode presentar gran variación de tipos de litorais de acordo coas características xeográficas de relevo e hidrográficas da rexión.
No litoral encóntranse praias, acantilados e mangleirais.
En bioloxía mariña, chámase zona litoral ao coxunto de ecosistemas localizados nesta rexión e que sofren a influencia das mareas. Estes biomas constitúen unha zona de transición entre os sistemas terrestres e os mariños. Conceptualmente son, por tanto, ecotonos, fronteiras ecolóxicas que se caracterizan por intensos procesos de intercambio de materia e enerxía. Son ecosistemas moi dinámicos, en constante evolución e cambio.
Das razóns que inciden no considerábel dinamismo do litoral destacan os procesos xeomorfolóxicos dominantes, que diferencian dous tipos de costa, de erosión (acantilados) e de sedimentación (praias, bancos de area e zonas húmidas costeiras). As elevadas achegas de sedimentos, materia orgánica e inorgánica procedente das concas hidrográficas, producen un efecto fertilizador do litoral que determina altas taxas de produtividade e que contribúe ao mantemento das redes tróficas.
A variedade e singularidade dos ecosistemas que constitúen o litoral fan deste un espazo de alto valor ecolóxico, cunha considerábel diversidade biolóxica. Ademais, na caracterización do litoral cómpre destacar os seguintes valores:
A rigorosidade das condicións ambientais ás que se ven sometidas as comunidades biolóxicas litorais, provoca unha marcada selección que favorece fenómenos de diferenciación e especiación. Isto confire riqueza e orixinalidade, así como un considerábel nivel de endemicidade a estes ambientes. Todo iso tamén repercute na súa fraxilidade.
Polo xeral, as comunidades biolóxicas litorais dispóñense de maneira zonal en bandas ou "andares" paralelos á liña de costa:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.