Lithobates sylvaticus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lithobates sylvaticus (antes Rana sylvatica)[2] é unha especie de ra amplamente distribuída en Norteamérica, desde o bosque boreal do Canadá e Alasca ao sur dos Montes Apalaches, con algunhas poboacións illadas notables noutras zonas, como en Carolina do Norte. A especie chamou a atención dos biólogos debido á súa tolerancia á conxelación, ao seu grao relativamente grande de vida terrestre (para un ránido), interesantes asociacións de hábitats (turbeiras, pozas temporais, terras altas), e os seus desprazamentos de ralativamente longo raio. A ecoloxía e conservación desta ra interesou tamén moito aos investigadores nos últimos anos porque adoita considerarse que se reproducen "obrigatoriamente" en zonas húmidas temporais. Propúxose elixila como anfibio oficial do estado de Nova York.[3]
Lithobates sylvaticus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Distribución xeográfica de L. sylvaticus en Norteamérica (en azul) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|