From Wikipedia, the free encyclopedia
O esperanto é a única lingua artificial que posúe unha cultura propia suficientemente desenvolvida, e que creou unha literatura de interese, formada tanto por obras traducidas como orixinais.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Calcúlase[quen?] que o número de libros editados en esperanto é superior ao vinte e cinco mil. O principal servizo de venda de libros, o da Asociación Universal de Esperanto posúe máis de catro mil títulos no seu catálogo. Existen revistas dedicadas exclusivamente á literatura, como Fonto e Literatura Foiro, mentres que as revistas xerais, como Monato e La Ondo de Esperanto tamén editan textos de ficción, orixinais e traducidos.
En xuño do ano 2008, Geoffrey Sutton publicou a Concise Encyclopedia of the Orixinal Literature of Esperanto (Enciclopedia concisa da literatura orixinal do esperanto), con máis de trescentos artigos sobre os principais escritores e a súa obra, ordenados cronoloxicamente.[1]
O primeiro libro onde se ofrecían os fundamentos do idioma, publicado o 26 de xullo de 1887, xa incluía unha tradución, e un pequeno poema orixinal. Posteriormente, o mesmo iniciador do idioma, L. L. Zamenhof continuou editando obras, tanto traducidas como orixinais, como unha forma consciente de probar e desenvolver as potencialidades da lingua. Actualmente os falantes de esperanto continúan considerando as obras de Zamenhof como modelos do mellor esperanto clásico.
Outros autores da primeira etapa foron Antoni Grabowski e Kazimierz Bein (Kabe). Henri Vallienne é considerado como o autor das primeiras novelas.
No período de entreguerras deuse un momento de gran brillantez, con especial protagonismo da que se chamou Escola húngara, cuxos principais expoñentes foron Julio Baghy e Kálmán Kalocsay. Outros membros foron Ferenc Szilágyi, Sándor Szathmári, Jean Forge ou Teodoro Schwartz, máis coñecido actualmente por ser o pai do financeiro George Soros.
Tamén mostrou gran brillantez a escola soviética, ligada en parte á asociación obreira Sennacieca Asocio Tutmonda, ata a súa desaparición ao final dos anos 30 polas persecucións de Stalin.
Tras a Segunda guerra mundial renovouse a actividade literaria. O centro constituíuno a localidade canaria de La Laguna, onde o profesor Juan Régulo Pérez fundara a editorial Stafeto. De entre os autores orixinais publicados merecen especial mención os agrupados na Escola escocesa, con William Auld, varias veces candidato ao Premio Nobel de Literatura, á cabeza.
Nos anos 80 e 90 destacouse unha nova xeración, entre a que destaca a chamada Escola ibérica, grupo entre os que se atopan os escritores Miguel Fernández, Miguel Gutiérrez Adúriz, Jorge Camacho Cordón, Gonçalo Neves ou Abel Montagut.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.