![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/ff/Banettes_mg_5182.jpg/640px-Banettes_mg_5182.jpg&w=640&q=50)
Liteira (moble)
cada un dos leitos que se colocan un enriba do outro / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha liteira é cada unha das camas ou leitos que se colocan un enriba do outro[1]. Tamén se denomina así ao conxunto, o móbel composto destas camas. A miúdo son utilizadas en espazos reducidos e en particular en cuartos infantís, permitindo que dous ou máis nenos durman no mesmo cuarto. O espazo optimízase máis aínda ao colocar caixóns baixo a liteira nos que se gardan xoguetes, roupa de cama etc. O hábitat orixinal destes móbeis son as embarcacións, albergues, internados, prisións, trens etc.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Liteira.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/ff/Banettes_mg_5182.jpg/640px-Banettes_mg_5182.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/00/Bunk_bed.jpg/640px-Bunk_bed.jpg)