Lisístrata
comedia teatral de Aristófanes / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lisístrata (en grego Λυσιστράτη) é unha comedia teatral escrita polo dramaturgo da Grecia clásica Aristófanes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lisístrata (homónimos).
Ademais do seu valor literario, a obra ten un grande interese histórico, xa que grazas a elas pódese coñecer a vida cotiá dos atenienses. O autor protestou con frecuencia contra a guerra do Peloponeso. En Lisístrata, Os acarnienses e A paz defendeu as solucións pacíficas contra os demagogos que impulsaban ó pobo á guerra.