Lista de rañaceos en Madrid
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Madrid, a capital de España, ten unha serie de edificios considerados rañaceos que se reparten en distintas zonas do centro da cidade. A área de rañaceos máis famosa de Madrid é AZCA, no Paseo da Castellana, onde está o que foi o edificio máis alto da cidade desde 1988 ata 2007, a Torre Picasso, con 157 metros. Hai outros lugares de Madrid onde se concentran edificios notoriamente altos, aínda que algúns deles teñen discutida a súa cualificación de rañaceos. Na praza de Castilla hai dúas torres especialmente rechamantes polo ángulo agudo que forma unha das súas fachadas co chan, os edificios da Puerta de Europa.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Actualmente o parque empresarial chamado Cuatro Torres Business Area (CTBA) no norte do Paseo de la Castellana, no que está o rañaceos máis alto de España, a Torre de Cristal, con 250 metros, reúne os catro rañaceos máis altos de Madrid e tamén de España.