Lista de obras de Tiziano
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta páxina contén unha táboa coas principais obras de Tiziano, seguido por unha lista onde se pode atopar, en orde cronolóxica, un crecente número de obras do pintor. A produción de Tiziano desenvólvese en preto de setenta anos de historia, de 1506 a 1576, e foi moi abondosa, case sempre por encargas. Neste artista, pódese observar o cambio que se produce no concepto de artista durante o Renacemento, que pasan de ser simples artesáns a figuras con gran recoñecemento social.
A temática da súas obras é moi ampla e variada pois retrata as principais figuras da época (reis, nobres etc.), realiza encargos para estamento eclesiástico (igrexas e mosteiros) e para a nobreza, pinta paisaxes ou escenas mitolóxicas onde amosa o clasicismo renacentista e anuncia algúns dos elementos do Barroco. A súa obra condénsase en tres temas xenéricos: os retratos, as escenas mitolóxicas e as representacións de temas relixiosos. Porén, estas categorías non son compartimentos estancos posto que, en múltiples ocasións, víronse mesturadas como nos casos dos retratos de personaxes recoñecibles dentro de escenas mitolóxicas ou relixiosas.
Case toda a súa obra consérvase nos grandes museos do mundo: no Museo do Prado (quizais colección máis importante polo número e calidade das obras), Museo do Louvre, Galería Uffizi, Mosteiro do Escorial e National Gallery de Londres.