Lista de municipios de Bélxica con vieiras no escudo
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Este artigo contén a lista dos escudos municipais con representación de vieiras en Bélxica.
Esta lista inclúe os brasóns oficiais municipais de Bélxica con representacións dunha ou varias vieiras (dúas especies de bivalvos moi relacionadas, ambas pertencentes ao xénero Pecten[1]). A cuncha fai referencia a Santiago, por iso a tamén é coñecida como o símbolo dos peregrinos, especialmente da peregrinación do Camiño de Santiago. Os peregrinos da Idade Media utilizaban a vieira para sacar auga dos ríos e fontes; un costume estendido era o de continuar até ao Cabo Fisterra ou outras vilas costeiras para recoller unha vieira do mar. Levada como sinal de peregrinación na banda do sombreiro ou no cinto, a cuncha era máis que un recordo, ao regresar a casa era garantía do respecto pola viaxe feita.[2]