Lista de illas de Grecia
artigo de listas da Wikimedia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta é unha lista dalgunhas das 6.000 illas e illotes de Grecia, das que 227 están habitadas. Apenas 78 illas teñen máis de 100 habitantes.
A illa grega máis grande por superficie é Creta, que se atopa no extremo sur do mar Exeo. A segunda illa máis grande é Eubea, que está separada do continente polo Estreito de Euripo de 60 m. de ancho, e adminístrase como parte da perifieria de Grecia Central. Despois están a terceira e cuarta illas gregas, Lesbos e Rodas, o resto das illas son as dúas terceiras partes da superficie de Rodas, ou máis pequenas.
As illas gregas están tradicionalmente agrupadas nos seguintes grupos: As illas Argo-Sarónico no golfo Sarónico preto de Atenas, as Cícladas, unha gran pero densa colección, ocupando a parte central do mar Exeo, as Illas do Exeo Norte, unha agrupación da costa oeste de Turquía, o Dodecaneso, outro conxunto disperso no sueste entre Creta e Turquía, as Espóradas, un grupo moi pequeno fronte ás costas de Eubea, e as Illas Xónicas, situadas ao oeste da península no Mar Xónico (unha destas illas, Citerea, está na punta sur da Península do Peloponeso e forma parte da periferia Ática, pero se consideran parte das illas Xónicas, principalmente debido a razóns históricas). Tamén hai moitas illas, illotes e rocas que rodean a costa de Creta.