From Wikipedia, the free encyclopedia
Liska! é un grupo de ska-punk-reggae en activo[1] fundado en Vigo a finais do 2010.
Liska! comezou a ensaiar en outubro de 2010. Neses primeiros momentos sumáronse músicos ata conformar a primeira formación: Luís (guitarra e voz), Juan "Chanquete" (batería), Brais Jorge (guitarra e voz), Álex (saxofón), Martín (teclado e órgano Hammond), Soto (baixo), Iago (trompeta) e Fabio (trompeta).
Debutaron o 6 de agosto de 2011 en Vigo con motivo dos Castroconcertos xunto a Ovos Podres[2]. Tempo despois incorporouse ó grupo Paulo, na voz e nas letras. Fixeron algúns concertos iniciais na zona de Vigo.
O 2012 houbo unha ampla renovación dos membros da banda, con xente que marchou e xente que entrou, entre eles unha forte sección de ventos e unha sección rítmica[Cómpre referencia].
Entre as súas influencias[Cómpre referencia] están grupos clásicos do two-tone e ska-reggae como Madness, The Specials, The Skatalites, Bad Manners, Mr Review, The Selecter ou Toot and The Maytals; grupos do Rock radical vasco como Kortatu, La Polla ou Eskorbuto, e outros grupos máis actuais como Skarnio, Skalariak, Xenreira, Dakidarría, Transilvanians, Skacha, Banda Bassotti, Talco, Salida Nula, Reel Big Fish, Obrint Pas ou Diplomáticos de Monte-Alto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.