![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f3/Iris_tuberosa_Ypey72.jpg/640px-Iris_tuberosa_Ypey72.jpg&w=640&q=50)
Lirio
xénero de plantas / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os lirios son un grupo de plantas pertences ao xénero Iris. Son plantas bulbosas da familia Iridaceae con vistosas flores, cuxo nome deriva do latín arco iris (arco da vella), referíndose á extensa variedade de cores florais que posúen as súas moitas especies e cultivares de xardín. As especies están amplamente distribuídas por todas as rexións temperadas do hemisferio norte. Os seus hábitats son moi diversos, abarcando dende as rexións frías en abas herbosas, devesas, ribeiras até desertos de Europa, Medio Oriente e África do Norte e por toda América do Norte.
Lirios (xénero Iris) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Iris tuberosa | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase no texo | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
En Galiza atopamos varias especies bravas, entre as que salienta o lirio amarelo das charcas (Iris pseudacorus). Os lirios tamén son cultivados coma plantas ornamentais de todo o país, pola súa flor: o lis. Cómpre salientar unha especie endémica de Galiza: o lirio de monte ou lirio do Xurés (Iris boissieri), que só medra na serra do Xurés, O Courel e o Monte Pindo.