![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/Kartvelian_languages.svg/langgl-640px-Kartvelian_languages.svg.png&w=640&q=50)
Linguas kartvelianas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas kartvelianas[1] (en xeorxiano: ქართველური ენები), tamén coñecidas como linguas ibéricas[2] e antigamente[3] linguas caucásicas meridionais,[4] son unha familia lingüística do Cáucaso falada principalmente en Xeorxia, con grandes grupos de falantes en Rusia, Irán, os Estados Unidos de América, a Unión Europea, Israel,[5] e as zonas nororientais de Turquía.[6] Hai uns 5,2 millóns de falantes de linguas kartvelianas en todo o mundo. Son coñecidas por non estar relacionadas con ningunha outra lingua do mundo, sendo unha das familias de linguas principais.[7] A primeira fonte literaria nunha lingua kartveliana son as inscricións de Bir El Qutt en lingua xeorxiana, escritas na antiga escritura Asomtavruli nun mosteiro xeorxiano preto de Belén,[8] que data do ano 430.[9]
Linguas kartvelianas ქართველური | ||
---|---|---|
Falado en: | Xeorxia e Turquía | |
Total de falantes: | 5,2 millóns | |
Familia: | Unhas das principais familias de linguas do mundo. Linguas kartvelianas | |
Escrita: | Alfabetos xeorxianos | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
Este artigo amosa letras xeorxianas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Os alfabetos xeorxianos son un sistema de escrita empregado para escribir tódalas linguas kartvelianas, malia que a lingua laz tamén é escrita en alfabeto latino en Turquía.