As linguas xermánicas son un grupo de linguas de orixe indoeuropea , faladas ao principio na rexión central nórdica de Europa. Comprende linguas actuais como o inglés , alemán , baixo alemán , neerlandés , danés , frisón , noruegués , sueco , islandés , feroés e elfdaliano . Tamén algunhas extintas como o gótico .
Mapa dos diasistemas xermánicos en Europa ██ Liña que separa os idiomas xermánicos nórdicos dos occidentais Linguas xermánicas setentrionais ██ Nórdico occidental (Islandés , Feroés , Noruegués Nynorsk ) ██ Nórdico oriental (Danés , Noruegués Bokmål , Sueco ) Linguas xermánicas occidentais ██ Ánglico (Inglés , Escocés ) ██ Frisón ██ Baixo franco (Neerlandés ) ██ Baixo alemán (ou baixo saxón ) ██ (Alto) Alemán central ██ (Alto) Alemán superior (Alemánico , Austrobávaro )
O protoxermánico , a antiga lingua derivada do indoeuropeo e antepasado de todas as linguas xermánicas , dividiuse -segundo a maioría dos lingüistas- en tres ramas: o xermánico setentrional ou nórdico , o xermánico occidental (ou meridional , para algúns autores) e o xermánico oriental , do que derivaron os idiomas góticos hoxe desaparecidos. Do nórdico naceron os modernos diasistemas islandés , noruegués , danés , sueco e gotlandés , este último case morto. Do xermánico occidental , naceron os diasistemas anglofrisóns (o inglés e o frisón ), o baixo franco (neerlandés ), o baixo saxón (chamado ás veces baixo alemán ) e o (alto) alemán . Aquí abaixo pódese ver unha clasificación non exhaustiva dos diasistemas xermánicos.
Xermánico occidental continental
Alemán central
Alemán central occidental (Alto alemán central franco ):
Fráncico ripuario
Fráncico moselano
Fráncico renano
Osthessisch
Nordhessisch
Mittelhessisch
Alemán central oriental (Alto alemán central non franco ):
Lausitzisch-Neumärkisch
Alto saxón
Baixo silesio
Thüringisch
Nordobersächsisch
Hochpreußisch
Alemán central de Transilvania
Alemán central de Pensilvania
Alemán central de transición (ou alemán superior)
Alemán superior
Alemán superior occidental (ou alemánico ):
Alemán superior oriental (ou austrobávaro ):
Austrobávaro setentrional
Austrobávaro central
Austrobávaro meridional
Hutterita (Austrobávaro de América do Norte )
Móqueno (ou Mocheno )
Cimbro
Yídico ou Yídix
Baixo saxón occidental
Baixo saxón occidental dos Países Baixos
baixo saxón setentrional
Westfaliano
Estfaliano
Baixo saxón oriental
Mecklemburgués-Pomeranio
Brandenburgisch
Mittelpommersch
Pomeranio oriental
Baixo prusiano
Baixo saxón menonita
Xermánico occidental anglofrisio
Frisio oriental
Frisio occidental
Frisio setentrional
Xermánico setentrional occidental
Nórdico occidental insular
Nórdico occidental escandinavo
Xermánico setentrional oriental
Os idiomas xermánicos orientais son os idiomas extinguidos que falaban os antigos clans xermánicos orientais, dos que só o gótico está ben documentado.
Antonsen, E. H., On Defining Stages in Prehistoric Germanic , Language , 41, 1965, 19ff.
Bennett, William H., An Introduction to the Gothic Language . Nova York, Modern Language Association of America, 1980
Campbell, A. Old English Grammar . Londres, Oxford University Press, 1959
Cercignani, Fausto , Indo-European ē in Germanic , en Zeitschrift für vergleichende Sprachforschung , 86/1, 1972, 104-110.
Cercignani, Fausto, Indo-European eu in Germanic , en Indogermanische Forschungen , 78, 1973, 106-112.
Cercignani, Fausto, Proto-Germanic */i/ and */e/ Revisited , en Journal of English and Germanic Philology , 78/1, 1979, 72-82.
Cercignani, Fausto, Early Umlaut Phenomena in the Germanic Languages , en Language , 56/1, 1980, 126-136.
Krahe, Hans - Meid, Wolfgang, Germanische Sprachwissenschaft , Berlín, de Gruyter, 1969
Lehmann, W. P., A Definition of Proto-Germanic , Language , 37, 1961, 67ff.
Voyles, Joseph B., Early Germanic Grammar . Londres, Academic Press, 1992, ISBN 0-12-728270-X .