Lingua wallisiana
From Wikipedia, the free encyclopedia
O wallisiano ou ʻuveano é unha lingua polinesia falada na illa de Wallis (tamén coñecida como ʻUvea). A lingua tamén é coñecida como uveano do leste para distinguila da lingua uveana do oeste falada na illa de Ouvéa, preto de Nova Caledonia. Esta illa foi colonizada dende a illa de Wallis no século XVIII.
Wallisiano Fakaʻuvea | ||
---|---|---|
Falado en: | Wallis e Futuna | |
Total de falantes: | 10.400 (2000) | |
Familia: | Austranesio Oceánico Polinesio Polinesio nuclear Wallisiano | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | wls
| |
Mapa | ||
Status | ||
Indíxena da illa de Wallis, a lingua tamén é falado en Nova Caledonia dende a década de 1950 por mor da migración de moitos wallisianos (especialmente en Nouméa, Dumbéa, La Foa e Mont Dore).[2] Segundo o CIA World Factbook, en 2015 tiña 7.660 falantes.[3] Porén, Livingston (2016) expón que o número real de falantes é moito máis alto (ao redor de 20.000), aínda que é difícil de contar con precisión.[4]
A lingua máis achegada ao wallisiano é o niuafo'ou.[5] Tamén está estreitamente relacionada co tongano, xa que aínda que forma parte do subgrupo samoico, conta con moitos préstamos e influencia do tongano debido á invasión tongana da illa nos século XV e XVI. Wallis está habitada dende hai 3.000 anos.[6]