Lingua shona
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua shona ou chiShona é a máis falada das linguas bantú, falada polo pobo shona de Cimbabue. O termo tamén se pode empregar para identificar ós pobos que falan algunha das variedades do shona central: zezuru, karanga, manyika e korekore. Baseándose nun artigo de 1931 de Clement Doke, o shona estándar desenvolveuse a partir das diferentes variedades do shona central. Xa que a capital atópase na rexión Zezuru, esta variedade fíxose dominante na lingua estándar.
Datos rápidos Shona chiShona, Status oficial ...
Shona chiShona | ||
---|---|---|
Falado en: | Cimbabue, Mozambique | |
Total de falantes: | 8,3 millóns (2007) | |
Posición: | 93 | |
Familia: | Atlántico-congolesa Benue–congolesa Bantoide meridional Bantú Shona (S.10) Shona | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | ![]() | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | sn | |
ISO 639-2: | sna | |
ISO 639-3: | sna
| |
Mapa | ||
Status | ||
![]() |
Pechar
O shona é unha das linguas oficiais de Cimbabue. Outros países con falantes shona son Botswana, Mozambique e Zambia por mor da chegada de refuxiados provocados pola crise económica de Cimbabue.