Lingua saami de Skolt
Lingua urálica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua saami de Skolt (sääʹmǩiõll,[4] que significa 'a lingua saami', ou nuõrttsää’mǩiõll para distinguila doutras linguas saamis) é unha lingua urálica falada aproximadamente por 400 persoas en Finlandia, principalmente en Sevettijärvi, e por outros 20-30 falantes do dialecto Njuõʹttjäuʹrr na área preto do lago Lovozero en Rusia. O saami de Skolt tamén adoitaba falarse na zona de Neiden, en Noruega. Escríbese empregando o alfabeto latino e a súa ortografía foi establecida de xeito oficial en 1973.
Datos rápidos Lingua saami de Skolt sääʹmǩiõll, Estatuto oficial ...
Lingua saami de Skolt sääʹmǩiõll | ||
---|---|---|
Outros nomes: | nuõrttsää’mǩiõll | |
Falado en: | Finlandia e Rusia | |
Rexións: | Laponia | |
Total de falantes: | C. 420 [1] | |
Familia: | Linguas urálicas Linguas saamis Linguas saamis orientais Lingua saami de Skolt | |
Escrita: | Latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Lingua minoritaria recoñecida en Finlandia, Noruega[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | sms | |
ISO 639-3: | sms
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar