![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/Idioma_minangkabau.png/640px-Idioma_minangkabau.png&w=640&q=50)
Lingua minangkabau
Lingua austronesia, falada polo pobo minangkabau de Sumatra Occidental / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua minangkabau (autónimo: Baso Minang(kabau); indonesio: Bahasa Minangkabau) é unha lingua austronesia falada polo pobo Minangkabau de Sumatra Occidental, a parte occidental de Riau, Jambi e Bengkulu. Tamén é falada en varias cidades de Indonesia por migrantes minangkabau.[2] Tamén é unha lingua franca ó longo da rexión costeira occidental da provincia de Sumatra Setentrional, e mesmo é empregada en partes de Aceh, onde é chamada Aneuk Jamee. Por outra banda, é falada nalgunhas partes de Malaisia, especialmente en Negeri Sembilan.
Minangkabau Baso Minangkabau باسو مينڠكاباو | ||
---|---|---|
Falado en: | Indonesia, Malaisia | |
Rexións: | Sumatra Occidental, Riau, Jambi, Bengkulu, Sumatra Setentrional, Aceh (Indonesia), Negeri Sembilan (Malaisia) | |
Total de falantes: | 6 millóns (2007) | |
Familia: | Austronesia Malaio-polinesia Malaio-polinesia nuclear Malaisienses Minangkabau | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Ningún país | |
Regulado por: | Non está regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | min | |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
Debido ás grandes semellanzas entre a lingua minangkabau e o malaio, existe controversia sobre da relación entre ambas. Algúns consideran o minangkabau como un dialecto do malaio, mentres que outros consíderana como unha lingua de seu.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/42/Minangkabau_royal_seal.jpg/320px-Minangkabau_royal_seal.jpg)