![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/45/Kanuri_languages_map_001.png/640px-Kanuri_languages_map_001.png&w=640&q=50)
Lingua kanuri
lingua sahariana / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua kanuri[2] é un continuo dialectal falado por aproximadamente catro millóns de persoas en Nixeria, Níxer, o Chad e o Camerún, como tamén por pequenas minorías no sur de Libia e por unha diáspora no Sudán. Pertence ao sub-filo sahariano occidental das linguas nilóticas.
Datos rápidos Kanuri, Códigos de lingua ...
Kanuri | ||
---|---|---|
Falado en: | Nixeria Níxer Chad Camerún | |
Total de falantes: | 4 millóns | |
Familia: | Nilo-sahariana Sahariana Sahariana occidental Kanuri | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | kr | |
ISO 639-2: | kau | |
ISO 639-3: | varios
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
Pechar
O kanuri é unha lingua asociada cos imperios Kanem e Bornu, que dominaron a rexión do lago Chad durante mil anos. É hoxe falada principalmente nas terras baixas na bacía do Lago Chad. Foi unha lingua franca tradicional, mais recentemente o seu uso vén decaendo.
A maioría dos que a teñen como primeira lingua hoxe falan tamén o hausa ou o árabe. É utilizada en escolas primarias en Nixeria e en Níxer, sendo posible o seu estudo en nivel PhD.