Lingua kabiye
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua kabiye é unha lingua níxer-congo falada principalmente no norte de Togo. Ó longo do século XX, produciuse unha gran migración ó centro e ó sur de Togo e tamén a Ghana e Benín. Segundo a oficina de estatística de Lomé, os falantes de kabiye representaban o 23% da poboación de Togo en 1999.[2]
Datos rápidos Kabiye Kabɩyɛ kʊnʊŋ, Códigos de lingua ...
Kabiye Kabɩyɛ kʊnʊŋ | ||
---|---|---|
Falado en: | Ghana, Togo e Benín | |
Total de falantes: | 1 millón (2012) | |
Familia: | Níxer-congo Atlántico-congolesa Gur Meridional Gurunsi Oriental Kabiye | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | kbp
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
O kabiye é unha das dúas linguas nacionais de Togo (xunto co ewe). No contexto togolés, "lingua nacional" implica que a lingua é promocionada nos medios de comunicación nacionais e na educación.[3]