![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Digorskij_rajon_RSO-A.png/640px-Digorskij_rajon_RSO-A.png&w=640&q=50)
Lingua digoriana
From Wikipedia, the free encyclopedia
O digoriano, Дигоронау (digoronau) para os nativos, (falado ao oeste de Iristán do Norte ("Osetia"), no distrito de Дигорæ (Digoria, en ruso Digorá), é unha variante lingüística da lingua oseta, é ás veces considerada lingua autónoma e de seu. A outra variante principal é o iron (chamado polos nativos "irón" ou "ironau") que é ademais a variente máis amplamente falada e a lingua literaria, e que é como se lle coñece á lingua "oseta" moderna.
Digoriano Дигоронау, digoronau' | ||
---|---|---|
Pronuncia: | /digoro'naw/ | |
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Cáucaso | |
Total de falantes: | Uns 15.500 | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Irania Oriental Oriental setentrional Escita Escito-sármata Alano Digoriano | |
Escrita: | Alfabeto cirílico iriano | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Cooficial [1]. | |
Regulado por: | Ningún | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | - | |
ISO 639-2: | - | |
ISO 639-3: | -
| |
SIL: | -
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
É por tanto xunto co iriano e o xásico un descendente directo da lingua escita falada polo pobo escita, rama occidental ou escito-sármata.
O digoriano ten tamén tradición literaria de seu pero pouca, aínda que está a crecer máis nestas últimas décadas. Os nenos apréndeno na escola, e os medios de comunicación úsana hoxe en día.[2]
As diferenzas entre ámbalas dúas variantes son moitas, tanto a nivel fonético, coma morfolóxico, sintáctico e semántico. Algúns iranistas rusos considérana lingua de seu:
- Fedar Takazov, no recente Diccionario digoriano-ruso, fala sempre de lingua digoriana, mentres o seu editor refírese a ela coma dialecto digoriano.
- O propio М. I. Isaev no seu traballo sobre o digoriano Дигорский диалект осетинского языка (Digorskij dialekt osetinskogo jazika = O dialecto digoriano da lingua oseta), tamén ás veces fala de lingua e ás veces de dialecto.