O dinamarqués[2] ou danés[3] é unha lingua xermánica falada principalmente na Dinamarca, en Groenlandia, nas Illas Feroe e en partes do norte da Alemaña. É tamén unha das linguas oficiais da Unión Europea. É unha lingua escandinava, bastante parecida co noruegués e o sueco — os falantes de dinamarqués, noruegués e sueco compréndense entre eles con certa facilidade.

Datos rápidos Dinamarqués 'dansk', Status oficial ...
Dinamarqués
'dansk'
Falado en: Dinamarca (incluíndo Groenlandia e Illas Feroe), e na parte fronteiriza con Alemaña
Rexións: Europa
Total de falantes: 5,5 millóns
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Xermánica
  Xermánica setentrional
   Escandinava
    Escandinava oriental
     Dinamarqués
Status oficial
Lingua oficial de: Dinamarca
Groenlandia
Illas Feroe
Unión Europea
Consello Nórdico
Regulado por: Dansk Sprognævn (Comité da Lingua Dinamarquesa)
Códigos de lingua
ISO 639-1: da
ISO 639-2: dan
ISO 639-3: dan
Mapa
Thumb
Status
Thumb
O dinamarqués está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Pechar

Historia

Os primeiros textos en dinamarqués datan de cerca de 1200 . A fins do século XIV a raíña Margareth I decidiu trocar o latín, que era a lingua administrativa, polo dinamarqués.

O dinamarqués moderno desenvolveuse a partir da lingua escrita durante o período da Reforma protestante, fortemente influenciado nos séculos XVII e XVIII polo dialecto falado polos habitantes de Copenhague, centro cultural, económico e político da nación.

A historia da lingua dinamarquesa divídese en tres períodos:

  • Dinamarqués antigo (cerca de 800-1100), que corresponde en gran parte á época Viquinga;
  • Dinamarqués medio (cerca de 1100-1525), que corresponde á Idade Media;
  • Dinamarqués moderno (a partir de 1525), despois da Reforma ata os días actuais.

De todas as linguas escandinavas, a dinamarquesa é a que se afastou máis das súas raíces comúns escandinavas, sobre todo pola localización xeográfica de Dinamarca que forma unha ponte entre os países nórdicos e a Europa continental.

Dialectos

Os dialectos dinamarqueses divídense tradicionalmente en tres amplos grupos:

  • Jysk (Xutlandia)
  • Omál (dinamarqués insular, falados nas illas Fionia, Selandia, e nas illas menores ao sur)
  • Bomholmsk (na illa de Bomholm, ao sur da Suecia).

Unha das características máis distintiva da pronuncia dinamarquesa, o stod ou oclusión glótica, cuxo uso varía dependendo da rexión, ten sido utilizada polos lingüistas para diferenciar as variantes dialectais.

Gramática

A orde da oración é suxeito, verbo e obxecto, aínda que, como complemento, verbo e suxeito sexan utilizados para dar énfase.

O dinamarqués moderno posúe dous casos (nominativo e xenitivo) e dous xéneros (masculino e feminino). Unha das súas características peculiares é o seu modo de articulación sonora, que tivo orixe no acento tónico. O acento tónico está sempre na primeira sílaba da palabra raíz.

O dinamarqués posúe dous xéneros: común e neutro. O artigo determinado é -en para substantivos comúns e -et para os neutros, sendo -ene a forma de plural para ambos os xéneros.

A partícula negativa é o adverbio ikke.

Os verbos son transitivos ou intransitivos, tendo voces activa e pasiva e modos indicativo e imperativo con vestixios do subxuntivo.

Vocabulario

Algunhas palabras e frases comúns en dinamarqués:

  • Ola - hej, goddag, dav(s)
  • Adeus - farvel, hej-hej
  • Onde está...? - hvor ligger...?
  • ... o baño - badeværelset.
  • ... o hospital - hospitalet/sygehuset.
  • Fala (vostede) galego? - taler De galicisk?
  • Grazas! - tak!
  • De nada - tak, i lige måde/ingen årsag
  • Canto custa? - hvor meget koster det?/hvad koster det?
  • Si - ja ou jo
  • Non - nej

Os números do un a vinte en dinamarqués son:

en to tre fire fem seks syv otte ni ti elleve tolv tretten fjorten femten seksten sytten atten nitten tyve.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.