Lingua ciguayo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ciguayo (siwayo) era a lingua falada na península de Samaná na illa da Española (na actual República Dominicana) no tempo da conquista española. Os ciguayos parecen ser poboadores anteriores aos taínos agrícolas que habitaban gran parte da illa. A lingua parece que estaba moribunda no momento do contacto cos casteláns, e ao cabo dun século extinguiuse.[2][3]
Datos rápidos Ciguayo, Códigos de lingua ...
Ciguayo | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Siwayo | |
Falado en: | República Dominicana | |
Rexións: | Caribe | |
Extinción: | século XVI | |
Familia: | Americana Linguas jicaque-tol ? Ciguayo | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Ciguayo | ||
Status | ||
Pechar
O ciguayo, que non era unha lingua da familia arauaca como a falada polos seus veciños taínos, falábase na costa nordeste da diocese católica de Magua, dende Nagua ao sur ata polo menos o río Yuna, e en toda a Península de Samaná.[4]