Lingua amhárica
lingua / From Wikipedia, the free encyclopedia
O amhárico[2][3][4] (አማርኛ, ämerəña) é unha lingua semítica falada polos amháricos no norte e no centro de Etiopía, onde é lingua oficial. Toma o seu nome da rexión de Amhara, no centro de Etiopía.[5]
Datos rápidos Amhárico አማርኛ Amarəñña, Estatuto oficial ...
Amhárico አማርኛ Amarəñña | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [amärɨɲɲa] | |
Falado en: | Etiopía | |
Rexións: | África oriental | |
Total de falantes: | 25 millóns (2007) | |
Familia: | Semítica Semítica meridional Semítico etiópico Semítico etiópico do sur Transversal Amhárico-argobba Amhárico | |
Escrita: | alfasilabario adaptado da escrita ge'ez | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Etiopía | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | am | |
ISO 639-2: | amh | |
ISO 639-3: | amh
| |
SIL: | AMH
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Fóra de Etiopía, o amhárico é a lingua de 2 700 000 emigrantes, que viven en Exipto, Israel e Suecia. Tamén é falada en Eritrea polos deportados eritreos procedentes de Etiopía.
É a segunda lingua semítica no tocante a número de falantes, por detrás do árabe e por diante de linguas como o tigriña e o hebreo.
Escríbese usando un alfasilabario chamado "fidel" ou "abugida" adaptado do que se usou para escribir a extinta lingua ge'ez.