Lingua akha
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O akha é unha lingua sino-tibetana que se fala en Myanmar, China, Laos, Tailandia e Vietnam.
ISO/DIS 639-3: ahk
A orixe dos akha está no sur de Nanchao, en Yunnan e nas zonas limítrofes de Myanmar, Laos, e Vietnam, teñen unha orixe común cos Hani, dos que se arredaron hai 800 anos, aínda que na República Popular da China as autoridades inclúen aos akha dentro da nacionalidade hani e a denominación de aini. Os akha habitan en Xixuangbanna, na Prefectura Autónoma Dai, xusto ao norte de Laos e ao noroeste da fronteira de Myanmar, na prefectura de Puer, ao suroeste da cidade de Kunming e na prefectura autónoma de Lahu-Wa, preto da fronteira nordeste con Myanmar.
En Myanmar fálase no leste do estado de Kengtung Shan, aínda que as guerras dos últimos corenta anos obrigaron ao desprazamento de moitos akha fóra dos seus territorios tradicionais, concentrándoos preto das cidades de Kengtung e Ho Ki Lek. En Laos fálase en Luang Namtha e Phongsaly. A Tailandia chegaron a fins do século XIX e comezos do XX ás provincias de Chiang Rai e Chiang Mai, entón case deshabitadas, actualmente distribúense en 278 aldeas, a desforestación e a pobreza obrigou a emigran a miles de akha ás cidades. En Vietnam a maioría habitan na fronteira con Laos, nas montañas que cruza o Río Negro
450.000 falantes:
Entre os akha a recitación oral ten unha grande importancia, segundo a tradición oral posuíron unha tradición escrita, pero a perderon e a través da recitación, feita nun akha arcaico, conservaron os antigos textos. Actualmente en Tailandia a Akha Heritage Foundation (AHK) realizou unha escrita, realizada pola lingüista sueca, Inga-Lill Hansson, baseada na empregada polo Hani, que emprega o alfabeto latino coa pretensión de que sexa empregada en todo o dominio lingüístico, é un alfabeto con copyright con prohibición expresa para ser empregado polas igrexas cristiáns. A AHK publica material didáctico e organiza clases non oficiais nas aldeas akhi para esparexer a escrita akha e mantén a denominada Universidade Tribal en Maesai. Os misioneiros baptistas de Myanmar desenvolveron arredor de 1960 un alfabeto latino propio no que se traduciu o Novo Testamento en 1968 e o Antigo Testamento en 2001, en Tailandia misioneiros católicos desenvolveron unha escrita baseada no tai por volta de 1960, pero ten escaso uso. Na China os akhan empregan a escrita hani. En Tailandia a radio pública transmite hora e media ao día en akha. Na China hai tamén emisións regurales na lingua. A literatura moderna en Akha é escasa, entre os escritores destaca o tailandés Aqbawr Lawgaw Mangqpo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.