mesoamericanista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Linda Schele, nada o 30 de outubro 1942 e finada o 18 de abril 1998, foi unha epigrafista e iconografista da cultura maia. Desempeñou un papel importante no proceso de desciframento da escrita maia. Debuxou gran número de ronseis e de inscricións dos maias precolombianos, debuxos que conforme os seus desexos foron legados ós expertos e estudosos do tema para o seu estudo continuado. En 1978 fundou un evento anual coñecido como as Reunións Maias na Universidade de Texas en Austin.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1942 Nashville, Estados Unidos de América |
Morte | 18 de abril de 1998 (55 anos) Austin, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro de páncreas |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | University of Cincinnati (en) |
Actividade | |
Ocupación | mesoamericanista , mayanist (en) , arqueóloga |
Empregador | Universidade de Texas en Austin |
Lingua | Lingua inglesa |
Naceu en Nashville, Tennessee. Graduouse na Universidade de Cincinnati en Educación e Artes en 1964, obtendo un posgrao en Arte en 1968. Casou con David Schele en 1968, e ese mesmo ano empezou a impartir clases de arte na Universidade do Sur de Alabama, onde permaneceu até 1980, logrando o nivel de profesor.
Fixo unha viaxe a México coa representación da Universidade para a que traballaba, acompañada do seu marido David Schele, a fin de fotografar a zona arqueolóxica de Palenque e os xacementos na península do Iucatán. Despois desa experiencia de 12 días, quedou impresionada pola arte e a civilización maias. Decidiu entón dedicarse a investigar dita cultura.
Co apoio de Merle Greene Robertson, Schele traballou co arqueólogo Peter Mathews para descifrar unha sección importante da lista de Señores (reis) de Palenque, presentando o resultado do seu esforzo en 1973 durante a Mesa Redonda de Palenque, que foi organizada por Robertson. O seu traballo estimulou a outros descubrimentos que se fixeron máis tarde por ela mesma e por outros especialistas.
Schele logrou entón, en 1975, unha asociación universitaria para continuar cos estudos sobre escritura precolombiana en Dumbarton Oaks en Washington, D.C enfocándose durante dous anos ó aspecto da orde das palabras nas inscricións maias.
Fundou o Obradoiro de xeróglifos maias en Texas en 1977, sendo aínda estudante. Vinte anos máis tarde o obradoiro expandiuse ó que se coñece agora como As Reunións Maias da Universidade de Texas, que inclúen anualmente a presentación de traballos de investigación sobre a civilización maia e un Foro sobre os xeróglifos e a escritura dos maias, especializado no tema que se converteu en referencia internacional de tales estudos.
Linda Schele alcanzou o doutoramento en estudos sobre Latinoamérica o ano 1980 na propia Universidade de Texas, onde continuou como profesora no departamento de Arte e Historia até a súa morte.
Schele incorporouse a un proxecto sobre o Copán xunto con outro maianista, David Stuart, Bárbara Fash, e Nikolai Grube para estudar os textos de tan importante cidade mesoamericana. Escribiu para este proxecto as Notas sobre Notes, que constitúe un informe integral en epigrafía e iconografía que foi difundido entre os estudosos do sitio e do tema.
En 1986, Schele colaborou con Mary Miller na preparación dunha gran Exhibición de Arte Maia: "O sangue dos reis: Unha nova interpretación da arte dos maias". Este proxecto foi iniciado pola asociación InterCultura e o Museo de Arte Kimbell, onde se inaugurou ese mesmo ano.
Traballou tamén na cultura dos maias contemporáneos organizando obradoiros (13 deles) xunto con Nikolai Grube e Federico Fahsen, na escrita con glifos tanto en Guatemala como en México.
O 18 de abril de 1998, morreu de cancro no páncreas, á idade de 55 anos.[1] Antes do seu pasamento, estabelecera na Universidade de Texas en Austin o Legado que leva o seu nome, sobre arte e escritura precolombianos, que ofrece axuda financeira para a Cátedra Linda e David Schele.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.