From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha Liga profesional é un tipo especial de asociación deportiva en España ao abeiro da Lei 10/1990, do 15 de outubro do deporte[1], integrada exclusiva e obrigatoriamente polos clubs ou sociedades anónimas deportivas que forman parte dunha liga oficial profesional de ámbito estatal
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O artigo 41 da Lei 10/1990, do 15 de outubro do deporte desenvolve a composición e competencias das Ligas Profesionais:
1. Nas Federacións deportivas españolas onde exista competición oficial de carácter profesional e ámbito estatal constituiranse Ligas, integradas exclusiva e obrigatoriamente por todos os clubs que participen en dita competición.
2. As Ligas profesionais terán personalidade xurídica, e gozarán de autonomía para a súa organización interna e funcionamento repecto da Federación deportiva española correspondente da que formen parte.
3. Os Estatutos e regulamentes das Ligas profesionais serán aprobados polo Consello Superior de Deportes, previo informe da Federación deportiva española correspondente, debendo incluír, ademais dos requerimentos xerais sinalados regulamentariamente, un réxime disiciplinario específico.
4. Son competencias das Ligas profesionais, ademais das que poida delegar a Federación deportiva española correspondente, as seguintes:
a) Organizar as súas propias competición, en coordinación coa respectiva Federación deportiva española e de acordo cos criterios que, en garantía exclusiva dos compromisos nacionais ou internacionais, poida establecer o Consello Superior de Deportes.
b) Desempeñar, respecto dos seus asociados, as funcións de tutela, control e supervisión establecidas na presente Lei.
c) Exercer a potestade disciplinaria nos termos previstos na presente Lei e as súas Disposicións de desenvolvemento.
Así mesmo, o artigo 8 da devandita Lei especifica que é o Consello Superior de Deportes quen se encarga de cualificar as competicións oficiais de carácter profesional e ámbito estatal. Alén diso, no artigo 46 da mesma Lei di que serán criterios para a cualificación de competicións de carácter profesional, entre outros, a existencia de vínculos laborais entre Clubs e deportistas e a importancia e dimensión económica da competición.
Gozan deste recoñecemento a Liga de Fútbol Profesional, que inclúe a Primeira e Segunda división, e mais a Asociación de Clubs de Baloncesto que administra a liga homónima.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.