Liga dos Pireneos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liga dos Pireneos (en catalán Lliga dels Pirineus) é unha competición internacional de balonmán de carácter oficial que disputa anualmente a principios da tempada dende 1997 clubs afiliados á Federación Catalá de Balonmán e a Ligue du Languedoc-Roussillon de Handball. Foi impulsada pola Federación Catalá de Balonmán en substitución da Liga Catalá de Balonmán, que perdera interese debido á escaseza de clubs que podían rivalizar co FC Barcelona e o BM Granollers. A competición séguese disputando entre os catro mellores equipos, os dous mellor clasificados nas súas respectivas ligas nacionais na tempada anterior, aínda que no 2007 incluíronse representantes doutras rexións limítrofes como Aragón.
Tipo | competición deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | balonmán ![]() |
Organizador | Q11921649 ![]() ![]() |
Localización e Datas | |
País | Francia ![]() |
Vixencia | 1997 – 2011 ![]() |
O gran dominador da Liga dos Pireneos é o FC Barcelona, que leva conquistado once das catorce edicións celebradas.