tempada 2008-09 da Liga Nacional de Hockey Hielo feminina From Wikipedia, the free encyclopedia
A tempada 2008-2009 da Liga Nacional de Hockey Hielo Femenina foi a primeira edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo en categoría feminina en España. A competición disputouse entre os meses de outubro de 2008 e febreiro de 2009 e tomaron parte na mesma un total de cinco equipos. Ao finalizar a liga o equipo das Valladolid Panteras proclamouse campión logo de gañar todos os partidos.
Tipo | Liga Nacional de Hockey Hielo Femenina |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Organizador | Federación Española de Deportes de Hielo |
Número de participantes | 5 |
Localización e Datas | |
País | España |
Período de tempo | tempada 2008-2009 |
Intervalo de tempo | 18 de outubro de 2008 – 21 de febreiro de 2009 |
Número de edición | 1 |
Se ben inicialmente o campionato ía contar con catro clubs (Afer Gasteiz, SAD Majadahonda, Aramón Jaca e CG Puigcerdà) que organizarían cada un deles un torneo, logo da terceira xornada uníronse as Panteras de Valladolid, un equipo que procedía do hóckey liña.[1]
Todos os equipos pertencían a distintas comunidades autónomas, estando representadas Aragón, Castela e León, Cataluña, a Comunidade de Madrid e o País Vasco.
Nome | Cidade |
---|---|
Afer Gasteiz | Vitoria |
SAD Majadahonda | Majadahonda |
Aramón Jaca | Jaca |
Valladolid Panteras | Valladolid |
CG Puigcerdà | Puigcerdà |
O equipo das Valladolid Panteras proclamouse campión logo da liga regular logo de gañar os seus 10 partidos e conseguir un total de 30 puntos. O equipo castelán-leonés foi ademais o equipo máis goleador con 94 goles (29 goles máis que o SAD Majadahonda, segundo máximo goleador) e o menos goleado con tan só sete goles en contra, para unha diferenza de goles de +87.[1]
Pos. | Equipo | PX | V | E | D | GF | GC | DG | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Valladolid Panteras | 10 | 10 | 0 | 0 | 94 | 7 | +87 | 30 |
2 | Afer Gasteiz | 10 | 6 | 0 | 4 | 63 | 44 | +19 | 18 |
3 | SAD Majadahonda | 10 | 5 | 0 | 5 | 65 | 38 | +27 | 15 |
4 | CG Puigcerdà | 10 | 3 | 0 | 7 | 23 | 61 | -38 | 9 |
5 | Aramón Jaca | 10 | 1 | 0 | 9 | 20 | 115 | -95 | 3 |
A primeira xornada disputouse entre os días 18 e 19 de outubro de 2008 en Majadahonda cos seguintes catro enfrontamentos:[1]
Local | Marcador | Visitante | Parciais |
---|---|---|---|
Jaca | 2-26 | Gasteiz | (1-17, 1-6, 0-13) |
Majadahonda | 9-4 | Gasteiz | (5-3, 2-1, 2-0) |
Jaca | 4-6 | Puigcerdà | (1-1, 1-2, 2-3) |
Majadahonda | 10-1 | Puigcerdà | (3-0, 5-1, 2-0) |
Entre os días 1 e 2 de novembro de 2008 disputouse a segunda xornada en Puigcerdà, no que se disputaron catro novos enfrontamentos:[1]
Local | Marcador | Visitante | Parciais |
---|---|---|---|
Gasteiz | 5-2 | Majadahonda | (1-2, 1-0, 3-0) |
Puigcerdà | 0-10 | Gasteiz | (0-2, 0-2, 0-6) |
Majadahonda | 13-1 | Jaca | (4-0, 4-1, 5-0) |
Puigcerdà | 11-3 | Jaca | (4-0, 3-2, 4-1) |
A terceira xornada disputouse en Vitoria entre os días 29 e 30 de novembro de 2008 cos seguintes resultados:[1]
Local | Marcador | Visitante | Parciais |
---|---|---|---|
Jaca | 0-23 | Majadahonda | (0-6, 0-11, 1-6) |
Gasteiz | 5-2 | Jaca | (4-0, 0-1, 1-1) |
Puigcerdà | 0-4 | Majadahonda | (0-1, 0-1, 0-2) |
Gasteiz | 4-2 | Puigcerdà | (1-1, 2-0, 1-1) |
Logo da terceira xornalda as Valladolid Panteras uníronse á competición, disputando catro partidos no mes de xaneiro de 2009:[1]
Data | Local | Marcador | Visitante | Parciais |
---|---|---|---|---|
03/01/2009 | Gasteiz | 1-11 | Valladolid | (0-4, 1-4, 0-3) |
04/01/2009 | Gasteiz | 1-9 | Valladolid | (0-2, 0-5, 1-2) |
10/01/2009 | Puigcerdà | 0-9 | Valladolid | (0-6, 0-2, 0-1) |
11/01/2009 | Puigcerdà | 0-10 | Valladolid | (0-4, 0-3, 0-3) |
Jaca acolleu a cuarta xornada os días 7 e 8 de febreiro de 2009. Se ben se disputaron cinco partidos, o enfrontamento entre o equipo local e o Majadahonda durou 33 minutos e 46 segundos en lugar dos 45 minutos previstos a causa da falta de tempo de xeo. Os resultados foron os seguintes:[1]
Local | Marcador | Visitante |
---|---|---|
Gasteiz | 7-0 | Puigcerdà |
Valladolid | 4-0 | Majadahonda |
Jaca | 0-3 | Puigcerdà |
Valladolid | 7-0 | Gasteiz |
Jaca | 5-1 | Majadahonda |
Logo da cuarta xornada o equipo de Valladolid tivo que xogar dous encontros fronte o Majadahonda os días 14 e 15 de febreiro, e outros dous contra o Jaca o día 21 de febreiro. As castelán-leonesas gañaron os catro encontros:[1]
Data | Local | Marcador | Visitante | Parciais |
---|---|---|---|---|
14/02/2009 | Majadahonda | 2-5 | Valladolid | (1-3, 1-2, 0-0) |
15/02/2009 | Majadahonda | 1-12 | Valladolid | (0-6, 1-4, 0-2) |
21/02/2009 | Jaca | 1-11 | Valladolid | (0-5, 1-4, 0-2) |
21/02/2009 | Jaca | 1-16 | Valladolid | (1-4, 0-6, 0-6) |
Ao final da competición Alejandra Rodríguez, das Valladolid Panteras, foi a máxima anotadora da liga con 35 puntos (20+15). A máxima goleadora foi María Guerra, do SAD Majadahonda, mentres que Lucía Ruiz dominou a estatística de asistencias con 17.[1]
Xogadora | Equipo | G | A | Pts |
---|---|---|---|---|
Alejandra Rodríguez | Valladolid Panteras | 20 | 15 | 35 |
María Guerra | SAD Majadahonda | 24 | 5 | 29 |
Leticia Abrisqueta | Afer Gasteiz | 22 | 3 | 25 |
Lucía Ruiz | Valladolid Panteras | 8 | 17 | 25 |
Ainhoa Merino | SAD Majadahonda | 21 | 3 | 24 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.