Liga ACB 2001-02
From Wikipedia, the free encyclopedia
A temporada 2001–02 da Liga ACB, celebrada entre o 29 de setembro de 2001 e o 18 de xuño de 2002, foi a décimo novena temporada da máxima categoría do baloncesto español desde a creación da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) para substituír a antiga Primeira División. Nesta edición mantívose o número de equipos, 18, e o formato da edición anterior. Os playoffs polo título foron disputados polos oito primeiros clasificados, mentres que os dous últimos equipos descenderon á Liga LEB.[1] O campión desta edición foi o TAU Cerámica, que conseguiu o seu primeiro título de liga. O seu rival na final, o Unicaja, tamén optaba ao seu primeiro título.
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Tipo | Liga ACB ![]() |
---|---|
Deporte | baloncesto ![]() |
Organizador | Liga ACB ![]() |
Número de participantes | 18 ![]() |
Localización e Datas | |
País | España ![]() |
Período de tempo | tempada 2001-2002 ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Saski Baskonia ![]() |
Pechar