Lezhë
From Wikipedia, the free encyclopedia
Lezhë (en albanés tamén: Lezha ) é unha cidade da República de Albania e sede do condado de Lezhë e do municipio de Lezhë. É unha das cidades continuamente habitadas[1] máis lonxevas de Albania, con aproximadamente 2400 anos de historia rexistrada.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Albania | |||
Condado | Condado de Lezhë | |||
Concellos | Lezhë Municipality (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 15.510 (2011) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 10 m | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Santo padrón | Nicolao de Mira | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 4501–4502 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 215 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | lezha.gov.al |
Era un dos principais bastións dos labeatas,[2] o máis antigo dos muros de fortificación de Lezhë son de construción típica iliria e datan de finais do século IV a. C.[3] Lezhë foi un dos principais centros do Reino ilirio.[4] Durante os conflitos con Macedonia, foi capturada por Filipe V converténdose na saída de Macedonia ao mar Adriático.[5][4] A cidade foi posteriormente recuperada polos ilirios. Foi sometida a Roma despois das guerras ilirias e da caída do reino de Xencio (Gentius).[4] Lezhë foi o lugar da Liga de Lezhë onde Skanderbeg uniu aos señores albaneses na loita contra o Imperio Otomán.