From Wikipedia, the free encyclopedia
Leonhart Fuchs, ás veces escrito Leonhard Fuchs,[1] nado en Wemding, preto de Nördlingen, no Ducado de Baviera, o 17 de xaneiro de 1501 e finado en Tubinga o 10 de maio de 1566, foi un médico e botánico alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de xaneiro de 1501 Wemding (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Morte | 10 de maio de 1566 (65 anos) Tubinga (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Catedrático | |
1535 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Ingolstadt (pt) - medicina (1521–1524) Universidade de Ingolstadt (pt) - filosofía (1519–1521) Universidade de Erfurt (pt) (1515–1516) |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica |
Lugar de traballo | Tubinga (1535–) |
Ocupación | médico, pteridólogo, botánico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Tubinga Universidade de Ingolstadt (pt) |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | L.Fuchs |
Descrito pola fonte | Salmonsens Konversationsleksikon (en) , (vol:2. udgave, 1920) Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Biblioteca dixital BEIC |
Con Hieronymus Bock (coñecido como Hieronymus Tragus ou, simplemente, Tragus), Otto Brunfels e Valerius Cordus, está considerado como un dos pais alemáns da botánica.
Considérase tamén como pioneiro da farmacognosia.
Fuchs foi o fundador do primeiro xardín botánico de Alemaña.
Fixo os seus primeiros estudos na escola de Heilbronn e na Marienschule de Erfurt Turinxia, graduándose aos 12 anos como Baccalaureus artium (Bacharel en artes). En 1524 xa é Magister Artium (Mestre en artes). De 1524 a 1526 practicou a medicina en Múnic, alcanzando o título de doutor en medicina en Ingolstadt, en 1524, instándose en Múnic.
Adherido ao protestantismo, dedicou a súa vida ao ensino. En 1526 obtén a cátedra de medicina en Ingolstadt, que ocupa durante tres anos até que foi nomeado médico do margrave Georges de Brandeburgo, en Ansbach. Debido á intolerancia relixiosa debe abandonar a cidade.
Ulrich, duque de Württemberg, chámao en 1535 a Tubinga para que participe na reforma da súa universidade (Universidade de Tubinga) no espírito do humanismo.
Nesta cidade permanece até a súa morte, en 1566.
Fuchs estivo influído polos autores gregos e romanos, en particular por Dioscórides, Hipócrater e Galeno. Combateu a hexemonía da escola árabe de Medicina transmitida pola escola médica de Salerno e volve aos autores grecolatinos. Tamén valoraba a experiencia práctica e as plantas medicinais.
Pero nas súas obras interésase dobre todo pola flora alemá e describiu máis de 400 especies do seu país en De historia stirpium commentarii (Basilea, 1542),[2] das que unha trintena non teñen máis que un interese ornamental e non figuraban, por tanto, polas súas aplicacións, na farmacopea. As ilustracións (os debuxos son de Albert Meyer e os gravados de Veit Rudolph Speckle) son polo menos tan precisos que os de Brunfels. Serían reproducidas regularmente por autores posteriores.
No prefacio lamenta a ignorancia da botánica, mesmo entre os médicos. Pero non dubida en criticar tamén aos autores clásicos.
Na súa obra non intenta elaborar unha clasificación, e ordena as plantas seguindo unha orde alfabética. Utiliza, para a nomenclatura, un sistema binomial, pero sen sistematizalo como o faría posteriormente Carl von Linné. Así, en cada capítulo presenta un xénero e subdivídeo en varias partes que tratan sucesivamente dos diferentes nomes que se atribúen á planta, das diferentes especies que compoñen o xénero, das diferenzas morfolóxicas entre estas especies, dos medios onde se encontran, das diversas propiedades a elas atribuídas polos autores antigos e, finalmente, as funcións terapéuticas usadas na súa época.
Os criterios que utilizou Fuchs para delimitar as especies baseábanse non nos órganos de reprodución ou na frutificación, senón na aparencia xeral das flores, a súa cor, o seu olor, no tamaño das follas etc. Cómpre sinalar a importancia da parte consagrada á sinonimia. Esta vai aumentando gradualmente no curso do desenvolvemento da botánica, que marca o progreso desta ciencia, até tal punto que os herbarios que aparecen son máis ben obras de sinonimia máis que obras de botánica descritiva.
O misioneiro e botánico francés Charles Plumier, que estivo en Suramérica, dedicoulle o xénero Fuchsia, en 1703, descuberto na illa A Española (actuais Haití e República Dominicana) en 1696 ou 1697, xénero que comprende as plantas ornamentais hoxe coñecidas como fucsias.
A abreviatura L. Fuchs emprégase para indicar a Leonhart Fuchs como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.