Leneas
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na antiga Atenas, as Leneas (Λήναια) era unha festa na honra de Dioniso Leneo. O epíteto significa ben o do lenos ("cuba de viño") ou ben das lenai (as ménades).
Os gregos xónicos celebraban a festa o día 12 do mes chamado Leneón, que transcorría entre o que hoxe son xaneiro e febreiro. En Atenas, ese mes, chamado Gamelión, corresponde aproximadamente ao que hoxe é xaneiro.
Durante a festa, tiña lugar unha procesión, e sábese moi pouco dos ritos, pero a súa maior importancia estriba nos concursos dramáticos que tiñan por escenario o teatro de Dioniso, inaugurados ao redor do -440 e nos que a comedia ocupaba un lugar importante.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.